Rehabilitación e reformas Santiago

Construción e rehabilitación de vivendas unifamiliares en Santiago

Solicite o seu presuposto sen compromiso

Rehabilitación e reformas Santiago

Sobre nós

Empresa de cantería e servizos de construción

Granitos R. Fernández somos unha empresa que conta con máis de 40 anos de experiencia no sector da construción tanto en obra de nova construción como de rehabilitación, estando especializados en traballos de cantería.

Contamos cunhas instalacións nas que realizamos todo o proceso de transformación do granito desde o bloque en bruto ata o produto final elaborado listo para ser colocado en obra polos nosos operarios, levando desta forma un control exhaustivo de todo o proceso construtivo.

O persoal cualificado, a selecta materia prima e a maquinaria de última tecnoloxía conforman os compoñentes esenciais para garantir aos clientes un produto final de alta calidade. Contacte connosco para máis información.

Analizamos as características de cada vivenda

As probas dos edificios son fundamentais para a determinación da solución construtiva máis adecuada na súa futura rehabilitación. Por iso a nosa filosofía é, que previo á rehabilitación dun edificio, débese analizar o máximo para intervir o mínimo.

Diagnosticar e definir con precisión a reforma ou reestruturación que require o edificio non só pode supoñer unha aforro para a comunidade de propietarios senón que é unha forma adecuada de non recorrer en rehabilitacións innecesarias que poidan danar o inmoble e que ademais supoñan molestias para a comunidade que poderían evitarse.

Garantías e calidade

Os nosos traballos posúen unha garantía de calidade que protexe calquera traballo de posibles inconvenientes nun futuro. A nosa profesionalidade fai que a seguridade e calidade en cada un dos nosos proxectos sexa a máxima.

Profesionalidade

Os nosos técnicos e operarios coñecen e manexan todas as técnicas e os materiais tradicionais así como os novos produtos que se impoñen na rehabilitación actual dos inmobles.

Mesas

Balaustradas

Chemineas

Hórreos

Pida presuposto

Se está pensando en reformar ou rehabilitar a súa vivenda, ou quere saber máis sobre a construción de vivendas unifamiliares, pode consultarnos e pedir presuposto sen compromiso.

Consultar